
4 Novembro 2019. A campaña ten como obxectivo visualizar que “a Xunta dispón dun amplo catálogo de recursos, de diferentes tipoloxías, adaptados ás circunstancias concretas de cada persoa maior”. No que vai de ano o Goberno galego tería destinado preto de 20 millóns de euros en convenios, campañas e acordos cos medios de comunicación afíns.
Read more ...

2 Novembro 2019. Un auto do Tribunal Supremo calculou nuns 72 millóns de euros o negocio de contrabando de tabaco dirixido supostamente por José Ramón 'Nené' Barral, exrexidor de Ribadumia, como parte dunha organización criminal con conexións en Estados Unidos, China e outros países a nivel internacional.
Read more ...

2 Novembro 2019. O BNG comezou en Allariz a campaña electoral coa participación de Ana Pontón e de Francisco Garcia, alcalde de Allariz, xogaba na casa e iso notouse pola concurrida presenza dos veciños da vila alaricana, mensaxes a favor das infraestructuras ferroviarias, de máis autogoberno e menos forzas estatais alleas aos intereses do país.
Read more ...

2 Novembro 2019. Unha nova asociación, que suma centos de membros nun par de semanas, promove unha protesta fronte a San Caetano na que participa o líder do PSdeG Gonzalo Caballero.
Read more ...

11 Outubro 2019. O BNG de Teo ven de denunciar que o Sergas non cubre as ausencias do persoal do Centro de Saúde de Calo, pertencente ao Concello de Teo.
Read more ...

10 Outubro 2019. O BNG logra o apoio das forzas políticas do Parlamento, -e a abstención do PSOE-, para poñer fin ás balsas de lodos ilegais que, desde fai doce anos, soporta a veciñanza de Sobrado dos Monxes, acordo que tamén contempla a apertura dunha investigación ás empresas xestoras desas balsas que, en teoría, deberían conteñen lodos de depuradoras non aptos para o seu uso como fertilizantes.
Read more ...

9 Outubro 2019. Alcoa presentou na Xunta a documentación para anovar a AAI (Autorización Ambiental Integrada) das súas fatorías de alúmina e aluminio en San Cibrao. Ao enorme consumo de enerxía e insumos engádense fortes emisións contaminantes que a empresa mesmo quere ampliar.
Read more ...

5 Outubro 2019. O presidente do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), José Félix Tezanos, denunciou nun artigo as "pintorescas guerras de enquisas nas que brilla pola súa ausencia o rigor metodolóxico e científico" e que, ao seu xuizo, enmárcanse en estratexias máis amplias para "favorecer a abstención dos partidos progresistas nas próximas eleccións xerais".
Read more ...

4 Outubro 2019. Barreras, o maior estaleiro privado, asómase ao precipicio da quebra mentras México investiga as inversións que fixo Pemex na compañía e que negociou a Xunta de Feijóo con intermediarios agora prófugos da xustiza mexicana.
Read more ...