
26 Setembro 2019. Durante a administración de Jair Bolsonaro, Brasil aprobou un número récord de novos agroquímicos para que operen no seu mercado. Entre xaneiro e xullo rexistréronse máis de 290 productos novos, unha cifra que triplica a cantidade de pesticidas aprobados no mismo período durante anos anteriores.
Read more ...

26 Setembro 2019. A Estratexia Galega de Economía Circular non avalía o fracaso de SOGAMA, cunhas cifras de reciclaxe estancadas entre 2010 e 2018 ou mesmo baixando (do 14% ao 12%). Cun 49% de incineración en 2017 (perto de 600.000 t/ano), acadar os obxectivos das directivas comunitarias sobre economía circular é claramente imposíbel se non se reduce a capacidade incineradora de SOGAMA, aspecto que non recolle ningún punto da Estratexia.
Read more ...

26 Setembro 2019. Errejón pensa que a crise, que ten a 12 millóns de persoas na pobreza, no cuarto país con maior PIB da UE, pódese resolver con medidas estéticas no económico e pintando os semáforos de coloríns no cultural. Errejón non aspira a transformar a realidade, senón a adaptarse a ela.
Read more ...

25 Setembro 2019. O presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, o andaluz Juan Manuel Moreno Bonilla e o líder dos populares vascos, Alfonso Alonso, evidenciaron nos últimos días as diferencias que manteñen coa dirección nacional do PP en materia estratéxica e incluso ideolóxica.
Read more ...

25 Setembro 2019. A rede fraudulenta tombada por Twitter aproveitouse da conta real do presidente da Xunta e doutros cargos do PP galego, axudándolles ao mesmo tempo a gañar relevancia.
Read more ...

24 Setembro 2019. A AP-9 continúa a ser, como se diría comunmente, unha máquina de facer cartos. Audasa, a concesionaria da infraestrutura galega máis importante, presentou os seus resultados relativos ao primeiro semestre do ano e estes deixan para a empresa uns beneficios netos de case 19 millóns de euros.
Read more ...

24 Setembro 2019. O BNG reclamou este luns un cambio "radical" na política sanitaria da Xunta, e denunciou a utilización da área de Vigo como "banco de probas" de recortes e privatizacións, á vez que trasladou o seu apoio ao colectivo de 'Enfermeiras sen cadeas', co que mantiveron unha reunión tanto a deputada nacionalista Montse Prado, como o concelleiro no Concello olívico, Xabier Pérez Igrexas.
Read more ...

24 Setembro 2019. O Concello de Teo e veciños das cercanías do proxecto de restauración da canteira da Casalonga en Calo seguen presionando para evitar a construcción dun vertedeiro de Residuos coa escusa de restaurar a canteira.
Read more ...

23 Setembro 2019. O presidente da Deputación de Ourense está obrigado por sentenza firme a anular un concurso polo que promocionou a 69 traballadores. Baltar presentou ata catro recursos e chegou a cuestionar os argumentos do xulgado ourensán -avalados posteriormente polo Supremo e polo alto tribunal galego. Os enchufados deberán retornar ao seu posto de orixe.
Read more ...