
16 Setembro 2019. O resinado de piñeiros, unha actividade que se retomou en Galiza a partir do 2014 con diversas experiencias en toda a comunidade, collerá un pulo definitivo a partir do próximo ano, cando está previsto que entre en marcha unha planta de procesado de resina no Barco de Valdeorras (Ourense), impulsada pola firma Xagoaza Pinaster.
Read more ...

15 Setembro 2019. Un tribunal adiántase ao juez da Púnica e condena a Indra por pagar miles de euros por servizos ficticios ás dúas sociedades usadas polo PP para recibir cartos da multinacional tecnolóxica.
Read more ...

15 Setembro 2019. Abordamos coa presidenta da Interprofesional Láctea, Charo Arredondo, algúns dos temas que preocupan ao sector, como o prezo do leite, a caída do consumo en Galiza (no mundo está aumentando), a competencia internacional ou as exportacións
Read more ...

15 Setembro 2019. Dúas empresas brasileiras propiedade do fondo voitre Blackstone, principal doante de Donald Trump e do xefe de la maioría republicana no Senado estadounidense, Mitch McConnell, son responsabeis en gran medida da destrucción continua da selva amazónica, unha devastación que está na orixe dos lumes forestais que recentemente chamaron a atención mundial.
Read more ...

14 Setembro 2019. Esta mañá no Parque do Anllóns de Carballo diversos colectivos sociais, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e a portavoz nacional do BNG Ana Pontón participaron na apertura do curso político do BNG. Xavier campos, responsable de comunicación, anuncia accións centradas en economia, medio ambiente, feminismo e dereitos sociais.
Read more ...

14 Setembro 2019. De entre 1400 universidades de 92 países, o ránking Times Higher Education (THE) incorpora un ano máis a USC entre as mellores institucións universitarias do mundo, concretamente no intervalo 601-800, mantendo así a posición alcanzada nos últimos tres anos.
Read more ...

14 Setembro 2019. Vintecinco produtores expoñerán as súas especialidades na VII Mostra de Viños e Produtos da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Mandeo, que se celebrará no Campo en Betanzos entre o 14 e o 15 de setembro. Entre a oferta, ademais do viño da IXP Viños da Terra de Betanzos, haberá ovos ecolóxicos, queixos, ecoarroces e conservas vexetais.
Read more ...

14 Setembro 2019. Os perigos da reapertura da mina de Touro volven ao primeiro plano por un bando da alcaldía na que se marcan restricións no uso da auga. A seca que este ano se sofre obrigou ao concello de Touro a emitir un bando o pasado día 6 de setembro. A publicación informa de que o abastecemento municipal está en valores mínimos e prohibe o uso da auga para regar xardíns ou hortas, encher piscinas ou lavar coches, limitando o uso ao exclusivamente doméstico.
Read more ...

13 Setembro 2019. Por exemplo no estado federado alemán de Berlín os prezos do aluguer superaron o 100% de subida dende o periodo previo á crise nunha cidade cunha taxa de aluguer do 85%, polo que o goberno estatal da coalición entre socialdemócratas, ecoloxistas e "A Esquerda" (Die Linke), aprobou a conxelación de prezos durante os próximos 5 anos.
Read more ...