
10 Setembro 2019. A asociación ‘Teitos de Piornedo’ celebrou a súa primeira malla conxunta a partir de dúas fincas sementadas este ano na parroquia de Piornedo (Concello de Cervantes) onde está situado o principal núcleo de pallozas, palleiros e hórreos teitados con palla e que conta con preto dunha vintena de construcións con teitos de centeo.
Read more ...

10 Setembro 2019. Apuntan que os centros de Saúde de Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Baltar (Portonovo) e Cambados estiveron cunha plantilla insuficiente.
Read more ...

10 Setembro 2019. A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, forma parte da delegación que hoxe visita aos presos políticos cataláns Oriol Junqueras –cabeza de lista da coalición Agora Repúblicas, coa que o Bloque se presentou ás eleccións europeas do pasado mes de maio- Raul Romeva e Jordi Cuixart.
Read more ...

9 Setembro 2019. Os veciños de Loxo, en Touro, reclaman ao goberno municipal que denuncie os cheiros que desde hai máis dunha década teñen que sufrir por parte dunha planta de tratamento de residuos.
Read more ...

9 Setembro 2019. O Concello de San Sadurniño vén de converter en páxina web a súa guía turística local, publicada hai agora un ano en formato tradicional. A web inclúe todos os atractivos culturais, medioambientais, paisaxísticos, turísticos e etnográficos do concello coruñés.
Read more ...

9 Setembro 2019. O proxecto SENSE (acrónimo de Supramolecular Engineering of biologically inspired peptide nanostructures), enmarcado nas liñas de traballo nas que Elena Pazos leva anos afondando. O equipo desta investigadora da UDC, graduada en Química pola USC (2006), está centrado no desenvolvemento de ferramentas químicas para o seu uso en biomedicinas.
Read more ...

8 Setembro 2019. O relator especial de Nacións Unidas para a Liberdade de Expresión e Opinión, o norteamericano David Kaye, pediu ás autoridades españolas a través das redes sociais que se absteñan de acusar de delito de rebelión aos políticos cataláns, sobre todo tendo en conta que estas acusacións poden implicar unha condena de ate 30 anos de prisión.
Read more ...

7 Setembro 2019. A Galiza do millón de vacas é hoxe a das 300.000 hectáreas de eucalipto, e subindo. Xa van 500 hectáreas queimadas en dous días (ACTUALIZACIÓN: 900 Hectáreas en 2 Días), pero o presidente da Xunta segue obviando as causas de fondo e poñendo o foco nos que prenden as chamas.
Read more ...

7 Setembro 2019. Entrevista a Xiana Domínguez Álvarez, unha moza viticultura da Pobra de Trives. Os viños da súa adega familiar, Xiana e Alcouce, son dos máis singulares de Galicia. Falamos con ela sobre a súa paixón pola viticultura e pola súa terra.
Read more ...