29 de Marzo 2020. O crecemento, menor có dos dous últimos días, podería deberse, segundo expuxo na súa comparecencia de prensa diaria Fernando Simón, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, tal e como acontece noutras comunidades autónomas, debido a unha menor notificación de casos nas fins de semana, polo que é posible que durante a xornada do luns se rexistre de novo un notable aumento de positivos confirmados en Galiza.
GALIZA:
Análise diaria de Gciencia.com.
Máis información:
A residencia de maiores Domusvi Vigo a metade dos maiores contaxiados.
Máis de 300 casos de afectados en residencias de maiores en Galiza, 237 maiores afectados e 77 traballadores
ESTADO ESPAÑOL:
+6.549 casos novos diarios, baixan as notificacións pola fin de semana. Continúa moi elevado o número de mortos diarios +838.
Os médicos ven "temerario" pechar centros de saúde para reforzar hospitais.
O pico da epidemia xa pasou en 7 comunidades
.
MUNDO:
Tamén hai que constatar unha desaceleración de novos casos neste domingo. O estado español non é o único no que as notificacións de novos casos descenden durante as fines de semana senón que tamén e habitual en moitos países do mundo, por exemplo Alemaña, sen ir máis lonxe.
Máis información:
Un mundo sen xente: 23 fotos aéreas de cidades case baleiras pola pandemia de coronavirus.
Alemaña e Holanda tamén fallan á hora de mercar material sanitario contra o coronavirus.
Italia dará un cheque de 600 euros para todos os traballadores, incluso para os irregulares.
O Brasil: a xustiza prohíbe ao goberno de Jair Bolsonaro difundir propagandas anti-confinamento.